A Ruta dos Montes de San Cibrán atópase nas parroquias de A Picoña e San Xurxo do Concello de Salceda de Caselas, parroquia de Cans do Concello de O Porriño e barrio de Couso (parroquia de Guláns) do Concello de Ponteareas. Tratase dunha ruta lonxitudinal de 12,83 km aínda que se pode aproveitar o trazado do Sendeiro das Greas GR-58 para realizar un percorrido circular.

A ruta iniciase no Alto do Confurco e ascende pola beira do regueiro de Couso onde se atopa a fervenza da Galomeira e se poden visitar varios muíños. Estes muíños foron restaurados no ano 2008 e en varios deles tamén se recuperou o mecanismo de moenda. Dende aquí a ruta ascende ó pobo de Couso onde discorre entre leiras e casas para, pouco a pouco, chegar ó monte comunal de Couso e subir entre masas de piñeiro cara a área recreativa de San Cibrán.

Unha vez no alto de San Cibrán, onde se pode aproveitar para tomar un descanso, a ruta descende cara a parroquia de Picoña e discorre paralela en moitos tramos ó río Caselas, que presenta en varios puntos unha rica vexetación de ribeira e varios muíños. O sendeiro percorre o fondo do val onde se sitúan a maior parte das casas e se atopan varias construcións interesantes: lavadoiro, antigas escolas, muíños e peto de ánimas.

Dende o fondo do val o sendeiro ascende de novo cara os montes do comunal de San Xurxo e vaise afastando das leiras e das casas para volver a discorrer entre masas de piñeiros e eucaliptos nas que se atopan restos de varias cortellas, muíños e pozas. A ruta finaliza na área recreativa das Conforcadas, onde se pode enlazar con Sendeiro das Greas GR-58 para regresar o alto de Cans e realizar un percorrido circular.

 

Ver Ruta dos Montes de San Cibrán en un mapa más grande
 

jueves, 9 de diciembre de 2010

Os pongo un enlace a la página de los amigos de sendereando, que han recorrido la ruta, para que podais ver sus comentarios:
WEB SENDEREANDO
Animaros a enviarnos vuestros comentarios y fotografías del recorrido.
Un saludo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada